🧠 DESMONTANDO MITOS EN TORNO Á CONDUCTA SUICIDA. Saúde mental e intelixencia emocional



 

Comezamos o novo curso coa idea de crear espazos para informarnos, aprender e acompañarnos como familias.

E facémolo cunha charla especialmente necesaria:

📅 Mércores 7 de outubro
🕖 19:00 h
📍 IES de Sar

“Desmontando mitos en torno á conduta suicida: saúde mental e intelixencia emocional”

Será unha charla de sensibilización incluída no Programa Integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio.

Falar de saúde mental tamén é coidar. Coñecer, comprender e saber como actuar pode axudarnos a acompañar mellor ás nosas fillas e fillos e ás persoas que temos ao noso redor.

Nesta primeira charla do curso queremos abrir un espazo para romper mitos, falar con naturalidade da saúde mental e achegarnos á importancia da intelixencia emocional.

💙 Porque previr tamén é informar.
💙 Porque acompañar tamén é aprender.
💙 Porque como familias, non temos que sabelo todo, pero si podemos buscar ferramentas para estar presentes.

Animámosvos a participar e comezar xuntas e xuntos este novo curso falando do que realmente importa: o benestar das nosas crianzas e adolescentes.

👉 Agardámosvos o mércores 7 de outubro ás 19:00 h no IES de Sar

 👉INSCRICIÓNS:  https://forms.gle/kxGnXWyzqTzoF3qv8        

Ningún comentario:

Publicar un comentario