O 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, lembramos que coidar do que sentimos é tan esencial como coidar do que comemos ou do que aprendemos. O lema deste ano, “Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental”, recórdanos que todos —alumnado, profesorado e familias— formamos parte desta mesma rede humana que precisa comprensión, apoio e palabras sinceras.
A adolescencia é unha etapa intensa, chea de cambios, preguntas, desafíos e emocións que ás veces custan poñer en orde. Falar do que lles pasa, expresar o que senten e atopar espazos seguros onde ser escoitados é fundamental para construír unha vida máis saudable e equilibrada. Por iso, é importante crear espazos na escola e na casa onde se poida falar sen medo, onde cada quen se sinta escoitado e acompañado.
Compartir a nosa vulnerabilidade non é un sinal de debilidade, é un xesto de forza e confianza, unha maneira de construír comunidades educativas máis empáticas e saudables. Cando abrimos o diálogo sobre saúde mental, rompemos silencios e fortalecemos a comunidade.
Este 10 de outubro e todos os días, escoitemos con atención, falemos con respecto, acompañemos e defendamos xuntos e xuntas a saúde mental da nosa mocidade.
💬 A saúde mental tamén se aprende, tamén se comparte.
#DíaMundialDaSaúdeMental #SaúdeMentalNaEscola #CompartimosVulnerabilidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario