BENVIDA AO NOVO CURSO 2025-26

 


Como cada setembro abrimos unha porta chea de posibilidades. O inicio de curso é moito máis que unha data no calendario.  É a ocasión perfecta para planificar e, sobre todo, facer comunidade.

A escola non é só un lugar onde aprender materias, senón tamén un espazo de encontro entre familias, alumnado e profesorado. Aquí creamos vínculos, compartimos esforzos e celebramos xuntas e xuntos os pequenos grandes logros de cada día.

Este ano queremos lembrar algo importante: a ANPA non é unha entidade allea, senón a suma de todas e todos nós. O seu labor é esencial para dar vida a moitas das actividades que fan que o cole sexa especial. Sen o apoio das familias, a ANPA non pode funcionar.

Por iso, animámosvos a participar, a asociarvos e a formar parte activa desta gran aventura. Canto máis sumemos, máis forte será a nosa voz e mellores experiencias poderemos ofrecer ás nosas fillas e fillos.

 Arrinca un curso cheo de ilusións, retos e aprendizaxes compartidas.

📢  A túa participación é fundamental para seguir crecendo xuntas!

A ANPA somos todas.


 💡 Xuntas e xuntos facemos comunidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario